spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa...

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraA Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta.

Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.

MONCHO BORRAJO será o pregoeiro desta edición que arrancará o venres ás 21.00h na Praza do Reló. O actor, humorista e showman galego que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais tamén presentará o seu espectáculo “Borrajo Perdido” na carpa trala apertura da carpa.

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

O sábado será a cita para LUIS ZAHERA, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. O actor ofrecerá o seu espectáculo “CHUNGO” xa que ofrece as súas vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.