spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Incubadora High Tech Auto de Galicia lanza a súa cuarta convocatoria...

A Incubadora High Tech Auto de Galicia lanza a súa cuarta convocatoria para captar proxectos de emprendedores

A Incubadora High Tech Auto de Galicia lanza a súa cuarta convocatoria para captar proxectos de emprendedoresO período para presentar candidaturas ao programa estará aberto desde o 14 de xuño ata o 21 de setembro de 2022

Revista COUSAS DE Nº13

A sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu hoxe o acto de lanzamento da cuarta edición da incubadora de alta tecnoloxía High Tech Auto, coa asistencia do vicepresidente e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta, Francisco Conde; do delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades; o alcalde de Vigo e presidente do Consorcio, Abel Caballero; así como o presidente da Fundación Ceaga, Roberto Cavallo; e a directora de Proxectos Feder da Fundación Incyde, Natalia Vázquez.

David Regades destacou que “en Zona Franca temos moita experiencia e coñecemento, porque levamos unha década poñendo en marcha incubadoras e aceleradoras con datos que falan por si sós: 1.350 proxectos acelerados e uns 1.500 empregos creados”. O delegado do Estado subliñou ademais os datos da incubadora HTA, que en tres edicións xa apoiou “a 54 emprendedores, constituíronse 14 empresas e creáronse 8 prototipos”. Engadiu que “España é o segundo fabricante de automóbiles e o 25% fabrícanse en Vigo. Queremos ser protagonistas no automóbil do futuro”.

O alcalde de Vigo e presidente do Consorcio, Abel Caballero, explicou que “a incubadora High Tech Auto sitúanos como polo de innovación no sector da automoción. Vigo destaca polo seu carácter emprendedor e tamén pola formación da súa Universidade”. Engadiu que “é difícil atopar unha cidade coa cultura de emprendemento como ten Vigo”.

Pechou o acto o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Industria, Francisco Conde, destacou que a automoción en Galicia é un dos sistemas máis competitivos a nivel europeo e no caso de Vigo  subliñou que “aquí xa facemos o coche eléctrico, o que queremos é que toda a producción sexa de coches eléctricos” e animou aos emprendedores para presentarse “porque necesitamos das súas ideas”.

O acto de lanzamento da cuarta edición da HTA contou coa experiencia de dous proxectos incubados: Rita Carou, de Navia 3D e Javier Miralles, de Siscar- Connect. A incubadora abriu hoxe as portas dos seus programas e servizos a estudantes, emprendedores, spin- outs, spin- offs e/ou start- ups, nacionais e internacionais, que teñan un proxecto no sector de automoción e loxística.

O período de convocatoria está aberto desde o 14 de xuño ata o 21 de setembro de 2022, aceptándose só as inscricións realizadas mediante o formulario en liña dispoñible na súa web oficial www.htauto.gal. Tras o período de convocatoria, seleccionaranse os dez proxectos que formarán parte da cuarta edición da High Tech Auto.

- Publicidade -spot_img