spot_img
InicioBaixo MiñoA II Edición do Trail Adventure Muiños do Folón xa está en...

A II Edición do Trail Adventure Muiños do Folón xa está en marcha

A II Edición do Trail Adventure Muiños do Folón presentouse esta mañá nun acto que contou coa presenza de Mª Carmen Alonso, alcaldesa de O Rosal, Daniel Benavides, delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ángel Martínez, concelleiro de Deportes, o director do evento, Serafín Martínez e Juan Ramón Martínez, que exercerá como guía da proba.

Na súa intervención, Carmen Alonso, lembrou que a edición do pasado ano foi un éxito e expresou o seu desexo que este ano sexa igual e deixou unha recomendación para a xente que ven este ano por primeira vez, “que aproveiten para gozar duns paisaxes marabillosos e do rico patrimonio que temos, como son os nosos Muiños do Folón e do Picón”

Daniel Benavides, resaltaba que “grazas ao deporte coñécese o marabillosa que é a nosa provincia”, felicitando á organización“ pola brillante idea que tiveron o ano pasado ao crear este Trail e estou seguro da súa longa vida”.

Pola sús banda, Serafín Martínez, director técnico da proba  mostrábase moi satisfeito  “ cando faltan apenas 10 días para pechar as inscricións , o éxito de participación está máis asegurado, xa que so quedan unhas poucas prazas para o Trail Advance de 21 kms”. Serafín tamén apuntou unha novidade,”este ano fixemos. un pequeno cambio non percorrido longo, porque o levamos ata a localidade costeira de San Xián, pensando naquela xente que nos pide maior dureza no trazado” En canto a proba corta é practicamente igual.

Lembrar que a competición se celebrará o domingo 10 de Marzo sobre dúas distancias. A primeira en poñerse en marcha, ás 10.00 da mañá, será a Advance de 21 kms e un desnivel positivo de 1000 metros. Ás 10.05 h. tocará a quenda da Andaina de 10 kms. para aqueles que queren soamente gozar do pracer de camiñar. Finalmente ás 10.30 h. tomarán a saída os participantes no Trail Adventure, de 12 kms e un desnivel positivo de 450 metros.

Tanto para esta última carreira como para a andaina esgotáronse xa as prazas, quedando menos de 100 para o Trail Advance. Os “atrasados” poden aínda inscribirse , ata o Mércores 6 de Marzo, en http://www.championchipnorte.com o www.traildofolon.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.