spot_img
InicioVal MiñorBaionaA igrexa de Santa Cristina da Ramallosa celebra a seu primeiro século

A igrexa de Santa Cristina da Ramallosa celebra a seu primeiro século

A parroquia de Santa Cristina da Ramallosa celebrou este domingo o primeiro século de existencia dende que comezaron os traballos de construción da súa igrexa. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e o párroco, Uxío Nerga, descubriron unha placa conmemorativa que lembra o día en que se colocou a primeira pedra.

a-igrexa-de-santa-cristina-da-ramallosa-celebra-a-seu-primeiro-seculo

“Construída no ano 1917 por doazón de D. Julián Valverde Pérez, sendo Bispo de Tui D. Leopoldo Eijo Garay e párroco D. Francisco Senra Díez”. Así reza a nova placa de bronce inaugurada este domingo na igresa de Santa Cristina da Ramallosa.

a-igrexa-de-santa-cristina-da-ramallosa-celebra-a-seu-primeiro-seculo

O Concello de Baiona conmemoraba desta forma un dos acontecementos máis relevantes na historia de Sabarís. En 1917 comezarían os traballos de construción da nova igrexa, froito da doazón de Julián Valverde Pérez e a súa esposa Victoria Rodríguez Cadaval. Proxectada polo arquitecto vigués José Franco Montes, a nova igrexa sería inaugurada o 19 de setembro de 1920.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.