spot_img
InicioVal MiñorGondomarA humanización da praza da Paradela unha obra que vai transformar todo...

A humanización da praza da Paradela unha obra que vai transformar todo o centro de Gondomar

Estado actual da praza

A nova infraestrutura, que está moi avanzada, como puidemos comprobar onte, transformará todo o centro da vila.

“Estamos recuperando un espazo público para que as persoas volvan ser donas del e para que os vehículos deixen de ser os protagonistas e transformará por completo todo o centro da vila”, explicou Silva na sús visita ás obras o pasado 14 de xaneiro.

A obra preto do Concello

Trátase dunha obra que está integramente financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Plan de Reequilibrio. A Institución provincial achega 639.056,65 euros, e os restantes 159.76409 euros apórtaos o Concello mediante as achegas provinciais do Plan Concellos.

Este é o proxecto unha vez finalizado

ASPECTOS DESTACABLES DA OBRA

.-Nas obras de humanización da praza da Paradela, o principal obxectivo é mellorar a mobilidade e recuperar o espazo público para a cidadanía.

.-Búscase ademais crear unha imaxe de conxunto e integrada, onde a praza e o seu perímetro sexan parte dun todo.

.-No novo espazo integraranse a rúa Ángel Urzáiz, a parte norte da Paradela e a praza do Concello.

.-Implicarán a eliminación do tráfico rodado na zona, así como das barreiras arquitectónicas mediante a creación de plataformas únicas.

.-Crearanse novos espazos verdes mediante a inserción de novas árbores na trama urbana e formularase a recuperación da auga coma un dos elementos fundamentais da nova praza.

- Publicidade -spot_img