spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta este xoves en Allariz a XXIX Festa da Langosta...

A Guarda presenta este xoves en Allariz a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

A Guarda presenta este xoves en Allariz a XXIX Festa da Langosta e da Cociña MariñeiraO Concello da Guarda presenta este xoves día 27 de xuño no Mercado de Abastos de Allariz a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Neste acto de presentación contarase coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, da Concelleira de Turismo da Guarda, a nacionalista Bea Lomba e da Alcaldesa do Concello anfitrión de Allaríz, Mª Cristina Cid Fernández.

En Allariz darase a coñecer a programación desta XXIX edición da festa gastronómica por excelencia da vila mariñeira da Guarda, unha festa que conta cada ano coa asistencia de milleiros de persoas que se achegan ata o Porto da Guarda, para coñecer e degustar a ampla variedade de produtos ofertados, así coma participar na diversa programación musical e de entretemento asociada á mesma.

Declarada coma Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2014, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é un escaparate para por en valor o bo facer dos restauradores da Guarda e un dos produtos máis representativos desta vila do sur de Pontevedra como é a Langosta, símbolo da Guarda dende os tempos das cetareas, onde os pescadores comerciaban con este prezado manxar do noso mar, que levou á Guarda a coñecerse como a «Capital da Langosta».

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrarase nesta edición do 5 ao 7 de xullo no Porto da Guarda onde se instalará unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.