spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo Miño

A Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo Miño

A Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo MiñoA II Mostra Creativa do Baixo Miño terá lugar o sábado 30 de Xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

Revista COUSAS DE nº14

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

A II Mostra Creativa do Baixo Miño contará este ano con preto dunha vintena de stands participantes, e as inscricións, que son de balde, continúan abertas ata o vindeiro día 28 de xullo.

A programación deste ano inclúe actividades de todo tipo que terán lugar na Praza de Avelino Vicente(As de Copas) en horario de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:30h:

10:30h – Apertura da Mostra Creativa

11:00h – Obradoiro Infantil  Peixe Espada(Asoc. Piueiro)

12:00h – Concerto Terapia de Grupo(Pop-Rock do Baixo Miño)

13:30h – Pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente ata o Porto da Guarda

19:00h – Contos Contados para público infantil(Ma Nunú)

20:30h – Concerto Cazacús(Punk-Rock A Guarda)

21:30h – Pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente ata o Porto da Guarda

22:30h – Peche da Mostra Creativa

 

Ata este momento xa confirmaron a súa asistencia a esta segunda edición as seguintes marcas e talentos creativos: Acontravento, Ada Negra, Ana de la Guerra, Coco, Eduar Clothing, La Casa Taller, Littlevero, Luc & Luc – Inma Losada, Mar Jewelrin, Marina San Miguel, Marron Glaçe, Matriz Galega, Sapone di Principessa, Silvia Pérez, Vargas Lemos, Vikensen…

Este ano a Mostra creativa únese á Festa do Peixe Espada organizada dende ORPAGU(29-31 de xullo), compartindo parte da programación, como son os pasarrúas ou a actividade do Obradoiro Infantil sobre o Peixe Espada.

Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto convidamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico info@acontravento.gal

Ficha de inscrición

Bases

- Publicidade -spot_img