·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda inicia as visitas regulares guiadas ao Monte Trega

A Guarda inicia as visitas regulares guiadas ao Monte Trega

A Guarda inicia as visitas regulares guiadas ao Monte TregaO vindeiro xoves día 17 de xuño arrancan na Guarda as visitas regulares guiadas ao Monte Santa Trega, unhas visitas que terán lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.

O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que  contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.

Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038.  A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión  e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal(http://ow.ly/b5qb50F8iA0).

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.

Destaca tamén a recente intervención no concheiro, que se atopa ao lado da porta Sur de entrada ao castro do Monte Trega, e que constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro.

Ademais A Guarda traballa no proxecto “Trega 2020+5” para desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro  do Trega a través dunha actuación integral.  Así este proxecto  desenvólvese  en torno a tres eixos,  recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930,  manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e profundar no coñecemento arqueolóxico do castro  coa  finalidade de  crear contidos destinados á divulgación e ao incremento da valorización do patrimonio.

 

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies