spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda celebra un Corpus diferente

A Guarda celebra un Corpus diferente

A Guarda celebra un Corpus diferenteCada ano, cando se aproxima o Corpus, as rúas da Guarda teñen un aroma especial. Cheira a flores, a  mimosa, a eucalipto… tamén a alegría, nervios, a tempo compartido  e a felicidade e satisfacción ao contemplar, unha vez acabadas, as alfombras florais que cobren cada rúa ao amencer

Ante a imposibilidade de facer as alfombras como sempre, esta mestura de sentimentos e arte quérese reflectila a través de dúas propostas.

Unha delas amosa a visión que do Corpus guardés teñen varios artistas locais. Así baixo o lema “Este ano  non  cheira a flor, pero seguimos  tendo  cor. Seguimos  adiante” os artistas Tamara Baz,  Nuvi e  Exfico e Charlie  Thenstill amosan en ilustracións como nos sentimos os guardeses nestas datas. As súas obras atópanse xa expostas na fachada do Concello na Praza do Reló.

Coa segunda proposta, baixo o lema ” Fai a  túa alfombra floral na casa”, quérese mostrar como viven as familias, sobre todo os máis pequenos, esta festividade. Así, a través dos seus ollos e das súas mans  volvemos percibir este sentimento colectivo e agora o que ten un aroma especial é o noso fogar.

Dende a Asociación Alfombras da Guarda e o Concello da Guarda se anima a toda a cidadanía a elaborar unha alfombra na casa e facer unha fotografía mentres se confecciona e outra ao rematala, logo editarase un vídeo que se publicará nas redes sociais.

- Publicidade -spot_img