spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivo

A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivo

A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivoO club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado día 27 de xullo no Porto da Guarda.

A principal característica da proba é a  integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados  por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela. Sendo o mais importante o correcto desenrolo do trazado, e non o tempo deste, por tratarse dunha proba de regularidade.

A proba foi organizada pola Federación Galega de Motonáutica e o Club Sen Amarras, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello da Guarda, Orpagu(Organización de palangreiros Guardeses), Xunta de Galicia, Deporte Galego, Galicia Saudable e a Comandancia Naval do Miño.

Esta proba estaba enmarcada dentro da celebración da Festa do Peixe Espada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.