spot_img
InicioBaixo MiñoA Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro...

A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019

A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019
Gala Deporte Tudense celebrada esta ano 2018

A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019, no Teatro Municipal de Tui e coma novidade este ano ábrese a proposta de candidatos para os distintos galardóns ata o 12 de decembro

 O venres 22 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Municipal celebrarase a VII Gala do Deporte Tudense na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

A Gala tamén contempla homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa no ano 2018.

Coma novidade nesta edición o Concello de Tui brinda a oportunidade de que os propios tudenses poidan propor candidatos para ser recoñecidos nas distintas categorías. Así ata o mércores 12 de decembro  está aberto o prazo de presentación de candidaturas a través do enderezo deportes@concellotui.org. Débese enviar a proposta para algunha das categorías establecidas, xunto ao currículo deportivo correspondentes ao ano 2018 da persoa, entidade ou club proposto.

O xurado desta sétima edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, exdirectivo e exresponsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Marisa Giraldez, deportista de varias modalidades deportivas e presidenta do Club Bádminton Tui, Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, e Eduardo Freiría, concelleiro delegado de deportes de Tui.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.