spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA Fundación Filomena Rivero Alonso dona 2.200 euros á Biblioteca Municipal de...

A Fundación Filomena Rivero Alonso dona 2.200 euros á Biblioteca Municipal de Redondela para a compra de libros

A Fundación Filomena Rivero Alonso dona 2.200 euros á Biblioteca Municipal de Redondela para a compra de librosNo acto, que tivo lugar no Concello, estiveron presentes o secretario da Fundación, Telmo Crespo, o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa e a alcaldesa, Digna Rivas.

A Fundación Filomena Rivero Alonso formalizou onte, no Concello, a aportación económica a prol do Concello de Redondela que, ao longo de 2021, supón un total de 2.200 euros para á compra de libros, tanto para nenos e nenas como para adultos, para ampliar os fondos da Biblioteca pública municipal Valle-Inclán. No acto participaron o secretario da Fundación, Telmo Crespo Tojeiro, e o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa.

Durante o evento, que tivo lugar ás 19.00 horas, o concelleiro de Cultura agradeceu “a implicación da Fundación Filomena Rivero Alonso que, ano tras ano, vén colaborando na ampliación do fondo bibliográfico municipal, achegando aos veciños e veciñas e nenos e nenas desta localidade á cultura e facilitando o acceso á lectura e á formación”. Neste intres, as bibliotecas municipais atenden a cerca de seis mil redondelanos. A pesares do descenso dos préstamos durante os meses de restricións por mor da Covid-19, entre as sedes de Redondela e Chapela atendéronse en 2020 preto de 20.000 visitas e xestionáronse uns 13.000 préstamos.

A Fundación, presidida por Gracia Regojo, leva anos traballando a prol do apoio e promoción da cultura en Redondela. Concretamente, este vínculo remóntase ao ano 2006 cando comeza a colaborar coas ANPAS. Anos máis tarde, consolídase xa a relación e, a través da rede de bibliotecas, créase un “Club de Lectura” que continúa na actualidade, aínda que hoxe depende, orzamentariamente, da Concellería de Cultura de Redondela, pasando a destinarse a aportación económica da Fundación integramente á compra de libros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.