spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán reunirá a 450 nadadores na XI edición da Travesía a nado...

Nigrán reunirá a 450 nadadores na XI edición da Travesía a nado Costa Serena

Nigrán reunirá a 450 nadadores na XI edición da Travesía a nado Costa SerenaA XI edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 450 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o 4 de xullo en Praia América o que supón un novo éxito de participación tendo en conta a situación actual.

A travesía a nado estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente para evitar calquera tipo de contaxio.

Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de 10 Comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Aragón, Madrid, Cataluña, Canarias, Valenciana, Castela-León, Castela-A Mancha e País Vasco) e unha importante representación de nadadores portugueses con idades entre 5 e 71 anos. Nesta edición, a participación das mulleres representa o 30% do total.

O evento contará coas probas de 4.000, 2.700 e 800 metros, ademais dos dous percorridos infantís (50 e 150 metros) para nenos de entre 5 e 13 anos

O Club Marítimo de Panxón foi o lugar elixido para a presentación que contou coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez; o concelleiro de Deportes, José Luis Sanromán; a Deputada provincial, Raquel Giráldez; a responsable de Comunicación de Coca-Cola European Partners en Galicia, María Troncoso; Juan Carlos Álvarez, subdirector da oficina de Abanca en Nigrán; o presidente e o comodoro do Club Marítimo de Panxón, Gabriel Gómez Celaya e Alberto da Porca, respectivamente; Laura Pernas, responsable de Organización, Persoas e IT de Atunlo, e Beatriz Alvariño, da organización da travesía.

As inscricións poderán realizarse ata o xoves 24 de xuño en Champion Chip Norte

- Publicidade -spot_img