spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Clásica celebrou o Día da Música desde as obras de Vialia

A Clásica celebrou o Día da Música desde as obras de Vialia

A Clásica celebra o Día da Música desde as obras de VialiaA proposta d’A Clásica para celebrar a gran festa do Día Europeo da Música tivo este ano un compoñente performativo e experimental que partía dun escenario inusual; un territorio a priori tan hostil para a música como as obras do centro comercial VIALIA convertéronse nun aliado máis que interesante para facer posible unha acción musical arredor da peza “A música nocturna das rúas de Madrid” de Boccherini.

Distintas formacións da orquestra, sempre en formato pequeno, foron escollendo distintas ubicacións dentro da gran obra, para realizar diferentes accións musicais que foron retransmitidas a través da canle de Youtube da orquestra, onde continuarán dispoñibles despois.

Nesta programación colaboraron Vialia Estación de Vigo, Nhood e Ceetrus.

- Publicidade -spot_img