spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA figura da muller e as paisaxes das Rías Baixas protagonistas na...

A figura da muller e as paisaxes das Rías Baixas protagonistas na longametraxe ‘María Soliño 2.0’

figura-da-muller-e-as-paisaxes-das-rias-baixas-protagonistas-na-longametraxe-maria-solinha-2-0A Deputación de Pontevedra aposta pola visibilización da muller e da paixase das Rías Baixas a través de ‘María Soliño 2.0’ a nova película de Ignacio Vilar. Rodada integramente en galego, proxectará imaxes da provincia de Pontevedra e contará coa actriz canguesa Andrea Santos como protagonista

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente César Mosquera, dos deputados provinciais Santos Héctor e Xosé Leal, e do equipo de produción e dirección da película, presentaron a longametraxe “María Solinha 2.0” na que figura da muller e as paisaxes das Rías Baixas serán protagonistas. Durante o transcurso da presentación, Silva amosou a súa satisfacción “pola potencia que está a ter o cinema desenvolvido por homes e mulleres da provincia de Pontevedra”.

Segundo asegurou a presidenta provincial, a colaboración da Deputación de Pontevedra coa produción da longametraxe, que ascende a 50.000 €, débese principalmente á necesidade de “apoiar á cultura e ao cinema feito na provincia e por xente de aquí”. Xunto a esta cuestión, Silva puxo en valor a importancia da película para “visibilizar ás mulleres da provincia de Pontevedra, mulleres como María Soliño, que forman parte da nosa historia, que teñen sido moi valentes e potentes e sen embargo foron invisibilizadas e silenciadas”.

Xunto a estes aspectos, a presidenta provincial tamén recordou o importante papel que cumpre o cinema “para dar a coñecer os territorios e atraer a visitantes”. Neste eido, Silva destacou que “o vindeiro ano e por primeira vez na súa historia FITUR vai ter un espazo no que expoñer cuestións que ligan turismo con cinema. Neste aspecto a provincia de Pontevedra quere ser unha referencia, queremos converter ao noso destino nun plató de cinema xa que temos todas as características para que isto poida ser así”.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, fixo fincapé na “aposta da Deputación de Pontevedra polo cinema galego e polo cinema feito en galego, no que Ignacio Vilar é xa un referente”. Amais, tamén destacou a importancia de que a película inclúa “a unha figura tan especial para O Morrazo e para a provincia de Pontevedra como foi María Soliña”.

Pola súa banda, o director da película “María Solinha 2.0” agradeceu “o apoio fundamental da Deputación nesta película xa que sen a súa axuda sería difícil competir” e explicou que a principal idea da película “é dar resposta á pregunta de como sería agora María Soliña, unha muller loitadora, unha muller libre, se vivise na actualidade”. Ao igual que fixo a presidenta provincial, Ignacio Vilar tamén puxo en valor o papel da cinema, que “axuda a amar o noso e a dalo a coñecer ao mundo”.

A película “María Solinha 2.0” rodarase integramente en galego e na provincia de Pontevedra a finais deste ano 2018. Será producida por Vigopolis e por Vía Láctea Films e contará coa actriz canguesa Andrea Santos como protagonista. A estrea da longametraxe está prevista para a primavera do 2019.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.