A Festa da Lamprea cumpre este ano a súa edición número 60 e recoñecese un ano máis a antigüidade, a continuidade, o arraigo e a singularidade deste evento, acadado grazas ao traballo dos veciños, restauradores, pescadores e corporacións anteriores encargados de promover esta festa.
A lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no escudo e na bandeira de Arbo.
Para os arbenses a lamprea, é o máis preciado tesouro, un peixe venerado xa polos romanos, que maridado cos afamados viños das adegas de Arbo, podese desfrutar, nos reputados restaurantes da vila e, por suposto, na Arbomostra, a Feira Agroindustrial e Artesanal da bisbarra do Condado-Paradanta, que suma, este ano, a súa XXIV edición.
FITUR ACOLLE A PRESENTACIÓN DA LX FESTA DA LAMPREA DE ARBO
Un ano máis o Concello de Arbo, presentaba a súa tan afamada festa da Lamprea en Madrid, onde ademáis da presentación, tamén participaba o Xeodestino Condado – Paradanta.

O alcalde do concello de Arbo Horacio Gil, no seu discurso facía mención a que segundo un estudo recente que a gastronomía típica dun destino será o principal reclamo para máis dun 60% dos viaxeiros neste 2019. “E en Arbo, tomámolo ao pé da letra“.” Desde aquel 1961, Arbo celebrou ininterrompidamente 60 edicións da que é a nosa festa máis importante, e tamén das máis antigas de España.”
Os días 24, 25 e 26 de abril Arbo acollerá a máis de trinta mil visitantes aos que o Concello invita a compartir unha das súas sinais de identidade máis afamadas, a gastronomía.
O rexedor animaba a todos os presentes a que os días 24, 25 e 26 de abril acudisen á Festa da Lamprea, unha oportunidade única para descubrir en todo o seu esplendor a lamprea, Arbo, os seus costumes e as súas xentes. Os seus cociñeiros e cociñeiras son creadores da receita que pasou de xeración en xeración ao longo da historia. “Se queren gozar durante todo o ano da nosa lamprea, non se preocupen, porque en Arbo poden facelo. A partir da lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea, guisada con fideos e tirabequees, frita, asada á brasa, en empanada…”, destacou.



