Inicio Baixo Miño A Feira do Viño do Rosal reinvéntase

A Feira do Viño do Rosal reinvéntase

Concello e adegueiros reúnense para preparar unha nova edición da Feira do Viño do RosalConcello e adegueiros traballan para adaptar a feira á nova realidade e ofrecer un evento participativo e singular nesta XXVIII edición

Concello e adegueiros do Rosal traballan xa man a man para reinventar a Feira do Viño do Rosal e ofrecer un evento alternativo non presencial co que celebrar a XXVIIII edición os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo.

A situación pola que está a atravesar a sociedade a nivel mundial pola pandemia do COVID-19 fai que moitos eventos con alta afluencia de xente previstos para o mes de xullo non poidan celebrarse, polo menos non do mesmo xeito do que se viñan facendo ata o de agora. “Readaptámonos á realidade que estamos a vivir e apostamos por facer un evento singular, diferente e histórico que marque un punto de inflexión na propia feira, lonxe de pensar en cancelar esta festa tan sinalada”, explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

O obxectivo da feira será continuar coa promoción do sector vinícola a través dunha experiencia innovadora, orixinal e moi participativa a través de medios non presenciais, pero mantendo a tradición e o espírito da feira. Deste xeito, Concello e adegueiros están traballando para pechar diferentes iniciativas para que as miles de persoas que adoitan acudir cada ano a esta feira poidan seguir desfrutando dela a través de canles dixitais e de ferramentas como o vídeo ou o streaming.

A organización fará un grande esforzo para implicar a toda a poboación, que xoga un papel moi importante cada ano na feira, polo que se ofrecerán alternativas para animar a participar ao maior número de xente posible. Ademais, todas as actividades buscarán tamén intensificar a labor de promoción tanto dos produtos de Denominación de Orixe Rías Baixas como das adegas que están detrás e da súa historia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies