spot_img
InicioBaixo MiñoA Feira de Cultivos do Baixo Miño renova a súa aposta polo...

A Feira de Cultivos do Baixo Miño renova a súa aposta polo formato ao aire libre

a-feira-de-cultivos-do-baixo-mino-renova-a-sua-aposta-polo-formato-ao-aire-libreA Praza Pintor Antonio Fernández de Goián volverá a ser do 7 ao 9 de xuño o escenario da cita máis importante do sector do viveirismo en Galicia

Revista Cousas de nº21

A Feira de Cultivos do Baixo Miño quenta motores para repetir o éxito de público do 2023. Organizada pola Asociación de Cultivos do baixo Miño e o Concello de Tomiño, a feira mantén a súa aposta polo formato ao aire libre e por tres días de encontro desfrutando do espazo público e levando as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e subministros á rúa.

Deste xeito, a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño celebrarase do 7 ao 9 de xuño na renovada Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, un espazo ao aire libre que brinda un ambiente único tanto para expositores como para o público para gozar da cita máis importante do sector do viveirismo en Galicia, como demostrou o éxito acadado na pasada edición.

a-feira-de-cultivos-do-baixo-mino-renova-a-sua-aposta-polo-formato-ao-aire-libre

“Para nós é un orgullo presentar unha feira moderna e actualizada que recolla e reflicta os intereses da sociedade, en constante evolución. Por iso teremos novamente unha programación única que ofrecerá unha ampla variedade de actividades para que persoas de todas as idades poidan desfrutar dunha experiencia enriquecedora”, salienta o presidente de acuBam, Francisco Campo.

 

a-feira-de-cultivos-do-baixo-mino-renova-a-sua-aposta-polo-formato-ao-aire-libre

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou que “preparamos con moitísima ilusión unha feira que se converta nun lugar de encontro para a xente, nunha cita obrigada pola que todas e todos agardamos cada ano. Temos moitas ganas de volver gozar dunha feira participativa, dinámica, aberta e lúdica para profesionais e veciñanza na que seguir visibilizando e poñendo en valor un sector moi importante para a economía da comarca”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A nova edición da Feira de Cultivos do Baixo Miño contará de novo cunha ampla e diversa programación que terá a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente como temática protagonista. Serán tres días de actividades como obradoiros, concertos ou conferencias sen renunciar á promoción comercial. O programa completo darase a coñecer nos vindeiros días.

- Publicidade -spot_img