spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra o Día das Abellas con actividades na BIblioteca Municipal

Nigrán celebra o Día das Abellas con actividades na BIblioteca Municipal

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Mundial das Abellas’ este luns 20 de maio con actividades na Biblioteca Municipal.

Revista Cousas de nº21

Así, a escritora nigranesa Soledad García presentará ás 20:00 horas a súa obra poética ‘Aposiopese’, ilustrada a súa vez por Ángela Costas e terceiro premio no XI certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo. Ademais, haberá cata de meles e xogos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio como Día Mundial das Abellas. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a produción e reprodución de moitos cultivos e plantas silvestres. Case o 90% das plantas con flores dependen da polinización para reproducirse. Así mesmo, o 75 % dos cultivos alimentarios do mundo dependen en certa medida da polinización e o 35% das terras agrícolas mundiais. Os polinizadores, cada vez máis ameazados pola propia actividade humana, non só contribúen directamente á seguridade alimentaria, senón que ademais son indispensables para conservar a biodiversidade.

- Publicidade -spot_img