spot_img
InicioCondado ParadantaSalvaterra de Miño celebra os máis de mil anos de historia da...

Salvaterra de Miño celebra os máis de mil anos de historia da vila

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"“Salvaterra Milenaria” contará con case unha vintena de postos de artesanía, comida e artigos de segunda man, ambientados na época medieval,  que participaran no Mercado Milenario dentro do recinto amurallado e no que haberá tamén xogos e actividades para toda a familia

Revista Cousas de nº21

O vindeiro 25 de maio Salvaterra de Miño celebra os máis de mil anos de historia da vila tal e como consta no primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade e data do 24 de maio do ano 991.

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensado para todos.

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un Mercado Milenario onde case unha vintena de postos ambientados na época medieval participarán na celebración. O mercado ubicado no recinto amurallado de Salvaterra poderá visitarse durante todo o día, dende as 10:30 horas e ata as 21:30 horas.

O Espazo Público Singular de Salvaterra de Miño obtén o distintivo "Q de Calidade Turística"

Os postos formados por artesáns, comercios e asociacións contará con produtos de madeira, xoguetes, bisutería, segunda man, libros, comida, bebida, pintacaras e outras actividades para nenas e nenos, entre outros produtos e servizos.

Durante todo o día Salvaterra Milenaria contará tamén con diferentes actividades para os máis pequenos e para toda a familia. Pola mañá ás 11:00 horas comezará a programación con xogos populares e tradicionais como zoca, os zancos, o burro, as pontes, a chave de ferrolterra ou a chave ourensá. Estes xogos, coa estética tradicional e medieval, son interxeracionais, o que permiten o libre xogo e desfrute entre maiores e pequenos.

Xa ás 12:00 horas diante da Biblioteca teremos unha actividade para interactiva e didáctica “A Caixa do Conto” onde se explicará a historia de Salvaterra de Miño aos máis cativos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

As actividades continúan pola tarde co “Misterio das 7 Portas”, aquí as máis pequenas e as máis pequenas, poderán descubrir máis da vila cun percorrido cheo de enigmas e adiviñas polo Museo da Ciencia do Viño. A continuación ás 18:30 horas rematará a programación de actividades cun gran xogo de desfrute en familia no que se coñecen e descubren curiosidades e misterios sobre a terra salvaterrense “Salvaterra Milenaria. Entre murallas e misterios”, probas que permiten ós xogadores indagar libremente polo recinto da muralla namentres superan os diferentes retos.

salvaterra-de-mino-celebra-os-mais-de-mil-anos-de-historia-da-vila

- Publicidade -spot_img