Inicio Pontevedra A exposición e guía didáctica do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo) dará a...

A exposición e guía didáctica do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo) dará a coñecer entre o alumnado de secundaria a figura de Fraguas

A exposición e guía didáctica do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo) dará a coñecer entre o alumnado de secundaria a figura de FraguasEste proxecto e o gañador na categoría de infantil e primaria, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, distribuiranse en máis de 2000 puntos de Galicia e do exterior para festexar as Letras

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron hoxe o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao IES Álvaro Cunqueiro polo traballo Insuela, nun acto celebrado neste instituto vigués. O certame escolar conta tamén coa colaboración de Feiraco, que estivo representada polo seu presidente, José Montes Pérez.

Carmen Pomar felicitou a alumnado e docentes pola súa implicación na elaboración dos carteis e guía didáctica gañadores, que recollen os valores de Antonio Fraguas, “un home que dedicou a súa longa existencia a recoller e protexer do esquecemento todo o que se estaba a perder da Galicia tradicional”, ademais dun “mestre con verdadeira entrega e vocación ao ensino”.

Así mesmo, convidounos a continuar investigando sobre a súa obra e figura porque, citando ao actual presidente da RAG, Víctor Freixanes, “el abre para todos nós a explicación profunda da nosa identidade, o tesouro inmenso da cultura popular”.A exposición e guía didáctica do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo) dará a coñecer entre o alumnado de secundaria a figura de Fraguas

Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística dixo que “o proxecto gañador repasa fantasticamente a vida, a obra e a figura dun dos homes máis comprometidos coa lingua e coa cultura galegas do século XX, cuxa traxectoria e entrega a Galicia non se poden entender sen tomar como punto de partida o lugar e título elixido para a mostra: Insuela, a aldea cotobadesa onde naceu, un espazo tan pequeno como decisivo na biografía deste neno do rural que foi chamado para levar adiante e participar nos proxectos culturais máis ambiciosos da súa época”.

Técnica e modernidade

Do traballo galardoado, Insuela, o xurado salientou “a perfección técnica”, que “se conxuga coa modernidade” nunha serie de carteis que mostran “a traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas -unha obra dignificadora da cultura popular e das tradicións galegas a través de disciplinas diversas como a etnografía, a xeografía ou a historia- de forma parella ás circunstancias que condicionaron o devir histórico da Galicia do século XX”.

O traballo gañador está composto por 10 carteis orixinais e inéditos de 70×50 centímetros acompañados dunha guía con actividades que orientan a observación da mostra e fomentan o labor de investigación do alumnado.

Premios e difusión

O Concurso-Exposición Letras Galegas forma parte da programación institucional que a Xunta de Galicia vai desenvolver nas vindeiras semanas en honra de Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedicará o vindeiro 17 de maio, e que pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

Ademais da categoría na que foi premiado o instituto vigués, o concurso contemplaba outra para os centros de educación infantil e primaria, na que foi galardoado o CEIP Xesús San Luís Romero, polo traballo Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas por máis de 2000 puntos de interese: centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de Dinamización Lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outras. O obxectivo desta difusión é achegarlle ao alumnado, á sociedade galega, á colectividade emigrante e ao estudantado de galego no estranxeiro a figura de Antonio Fraguas Fraguas, a súa obra e o tempo que lle tocou vivir.

Os dous centros educativos gañadores reciben cadanseu premio en metálico por importe de 2000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha das exposicións seleccionadas obtén unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
306SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies