spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoA exposición “Achegas das mulleres á Sustentabilidade do Mar” chega ao colexio...

A exposición “Achegas das mulleres á Sustentabilidade do Mar” chega ao colexio Manuel Antonio do Porriño

a-exposicion-achegas-das-mulleres-a-sustentabilidade-do-mar-chega-ao-colexio-manuel-antonio-do-porrinoO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este martes no colexio Manuel Antonio do Porriño na inauguración da exposición “Achegas das mulleres á Sustentabilidade do Mar”, enmarcada no programa de conmemoración do Día Internacional da Muller deste centro de Educación Primaria.

Revista Cousas De Nº20

Durante o acto, o mandatario provincial puxo en valor o labor das mulleres que traballaron e traballan no eido do mar, desde o marisqueo ata as investigadoras; e salientou, diante dos escolares de sexto curso, que calquera delas sería xusta merecedora do Premio Boas Prácticas en Igualdade que acaba de crear o organismo provincial. “Eu tamén vexo aquí futuros gañadores deste premio”, confesoulle Luis López aos estudantes sobre un galardón que recoñece o traballo pola igualdade no social, cultural, deportivo ou educativo.

O presidente provincial presentou o premio creado pola Deputación, o Boas Prácticas en Igualdade, para recoñecer os avances nos eidos cultural, social, deportivo e educativo

Acompañado pola deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a profesora e investigadora, Tamara Amorín; e integrantes da comunidade educativa; o presidente da Deputación fixo fincapé na necesidade de traballar ao longo de todo ano para acadar a meta dunha igualdade real entre mulleres e homes. “Hai un día moi importante esta semana, o 8M, no que se celebra o Día da Muller. Pero eu pídovos que non sexa só un día, que sexa os 365 días do ano. É o que pretendemos desde a Deputación, con moitas actividades ao longo do ano”, encargoulle o dirixente provincial ao conxunto dos estudantes dos centros educativos do Porriño que se deron cita este martes no Manuel Antonio.

Aproveitando o contido desta exposición, sobre a que os escolares deste centro traballarán ao longo dos vindeiros días en obradoiros relacionados coa igualdade e a sustentabilidade do medio mariño, Luis López reivindicou o papel de todas mulleres que traballan neste sector. Así, interesouse por se os escolares tiñan algún familiar que se dedicara ao mar e convidounos a recoñecer o esforzo de todos estes traballadores e a “darlle visibilidade ás mulleres que fan actividades relacionadas co mar”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.