Inicio Alto Minho A Eurocidade Tui-Valença debaterá o luns o seu futuro nunha sesión plenaria...

A Eurocidade Tui-Valença debaterá o luns o seu futuro nunha sesión plenaria histórica entre as corporacións municipais de dous países

A Eurocidade Tui-Valença debaterá o luns o seu futuro nunha sesión plenaria histórica entre as corporacións municipais de dous paísesCelebrarase na cámara de Valença con motivo do oitavo aniversario da constitución da unión entre os dous municipios

A corporación municipal de Tui e a Assembleia Municipal de Valença celebrarán o próximo luns, ás 21 hora española, no auditorio da Cámara Municipal de Valença, unha sesión plenaria histórica con motivo do oitavo aniversario da constitución da Eurocidade entre os dous municipios.

Será a primeira vez que as corporacións municipais de dous municipios de dous países se celebren unha reunión conxunta para abordar o seu futuro. Dende Tui e Valença fíxase unha periodicidade anual para estas sesións, con carácter rotatorio de tal xeito que cada ano será acollida por un dos municipios, e se rexerá pola normativa aplicada no país onde ten lugar.

A asemblea do próximo luns será presidida conxuntamente por Alberto Luís Oliveira Vilas, presidente da Assembleia Municipal de Valença e por Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui. Tres son os puntos que figuran na orde do día: proposta de intercambio das bandeiras, proxecto Unicidade e desafíos da Eurocidade.

En concreto no punto primeiro a proposta que se someterá a debate e aprobación é que as bandeiras dos dous municipios sexan colocadas conxuntamente nos actos municipais que se celebren en cada concello. Deste xeito, de seren aprobado, en Tui lucirá xunta a bandeira tudense a de Valença, e en Valença xunto á bandeira valenciana será colocada a de Tui.

No segundo punto abordarase o proxecto Unicidade, financiado polo Interreg V España – Portugal 2014-2020 (POCTEP), do que son beneficiarios os dous municipios. Entre os seus obxectivos está a creación dunha web da Eurocidade onde se recolla información relevante para os habitantes deste territorio; dinamizar unha axenda estratéxica da Eurocidade para o período 2019-2021, e elaborar un estudo do futuro da Eurocidade 2030. Con estas accións perséguese construír unha Eurocidade coma espazo singular de convivencia e exemplo de cooperación na Península Ibérica e en Europa.

Xa no punto terceiro abordarase o futuro da Eurocidade no horizonte temporal do ano 2030.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que “é a primeira vez en Europa que se xuntan dúas corporacións de países distintos para levar a cabo un pleno de carácter institucional e simbólico”. O rexedor tudense apuntaba que “con este acto pretendese enviar tamén unha mensaxe do importante que foi e que é a construción europea” facendo fincapé nas excelentes relacións entre Tui e Valença.

O convenio de Cooperación para a Creación  da Eurocidade Tui-Valença foi asinado o 10 de febreiro de 2012.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies