Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán ofrece unha programación especial con motivo do "Día Internacional da Muller...

Nigrán ofrece unha programación especial con motivo do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia”

Nigrán ofrece unha programación especial con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia‘Namórate da Ciencia’ correrá a cargo de Elena Ojea (Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) e Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar)

O Concello de Nigrán ofrecerá por vez primeira unha programación especial durante a semana que se conmemora o ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ (11 de febreiro) co fin de visibilizar o traballo das científicas e, ao mesmo tempo, promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento. Esta programación municipal,  do 10 ao 14 de febreiro, chegará a todos os centros educativos públicos e constará dunha xornada final aberta á participación o venres día 14. Esta última cita será tamén a ocasión na que o Concello de Nigrán recoñeza públicamente a traxectoria de cinco das súas veciñas máis respectadas no eido científico e grazas ás cales se pode levar a cabo a programación: Elena Ojea (directora do grupo de investigación Future Ocean Labs da Universidad de Vigo), Aurkene Belasco (investigadora na Ecimat), África González (catedrática de inmunoloxía na Universidad de Vigo), Luísa Martínez (responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC) e Silvia Torres (Unidad de Tecnoloxías Mariñas da Fundación Cetmar).

Estas cinco investigadoras vinculadas a Nigrán (por nacemento ou residencia), protagonizarán  o día 14 de febreiro desde as 19:30 horas no Auditorio Municipal a xornada de participación e convivencia  ‘Namórate da Ciencia’. Este día, cada unha delas contará con cadanseu  pequeno laboratorio para amosar aos asistentes o seu traballo dun xeito eminentemente práctico (por exemplo, elaboración de vacinas no caso de África González). Ademais, estarán dispoñibles para responder todas as preguntas que se lles formule durante a sesión. Neste ambiente desenfadado e dirixido a todos os públicos, servirase rosca e chocolate (co obxectivo de reducir residuos recoméndase traer un vaso da casa).

A programación do Concello non remata aquí, paralelamente, desde o luns 10 ao venres 14, as científicas se repartirán para acudir en horario escolar a todos os centros educativos públicos do municipio a ofrecer unha charla na que analizarán o seu traballo desde unha perspectiva de xénero. Luísa Martínez estará o luns 10 na Escola Infantil ‘As Dunas’; o xoves 13, Elena Ojea asistirá ao CEIP Mallón; Silvia Torres ao CEIP Humberto Juanes; Aurkene Belasco e Luisa Martínez ao CEE Panxón, CPI Arquitecto Palacios e CEIP Carlos Casares; e, finalmente, o venres 14, África González acudirá ao IES Proval e IES Val Miñor e Elena Ojea ao CEIP A Cruz (Camos).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies