spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Escola das Economías Transformadoras de Cangas reuniu a 12 ponentes provintes...

A Escola das Economías Transformadoras de Cangas reuniu a 12 ponentes provintes do ámbito universitario e da experiencia práctica das empresas

A Escola das Economías Transformadoras de Cangas reuniu a 12 ponentes provintes do ámbito universitario e da experiencia práctica das empresasDo 1 ao 3 de outubro académicos e cooperativas explican en Cangas do Morrazo como é posible a transformación social dende a práctica económica.

Esta mañán celebrouse no Concello de Cangas a última sesión da ESCOLA DAS ECONOMÍAS TRANSFORMADORAS que nos últimos tres días achegou á vila morracense un modelo económico próximo á cidadanía, democrático e respetuoso co medio ambiente.

Isabel Rauber, doutora en filosofía, Marta Ribó, doutora en farmacia, ou Antón Lois, técnico medioambientalista foron os encargados das principais ponencias que abordaron cuestións como o pensamento crítico, a xustiza alimentaria ou o reto que supón o cambio climático para o actual modelo produtivo.

Pero os especialistas non foron os únicos que interviron estes días, senón que estiveron acompañados da experiencia de entidades que levan á práctica estes valores. Fiare, Coop 57 ou a Asociación por un Interese Solidario O Peto, expuxeron como o mundo da banca e das finanzas poden xestionarse de xeito democrático e porse ao servizo de proxectos que respectan ás persoas e ao medio ambiente.

O Sistema Participativo de Garantía A Gavela ou as cooperativas Árbore e a canguesa Pouso da Serra incidiron na necesidade de consumir produtos de alimentación locais e ecolóxicos pola nosa saúde e a do planeta.

No día de hoxe a cooperativa Artigo 14 explicou a súa experiencia como pioneiras en trasladar o modelo cooperativo a un ámbito como o xurídico. A cooperativa de consumidores Nosa Enerxía trasladou que simplemente cun cambio de contrato calquera pode acceder a enerxía ecolóxica garatizada pola cooperativa e que ademáis xa están comezando a producir a súa propia enerxía. Pola súa banda, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria presentou o proxecto de Mercado Social que pretende integrar a entidades de producción, distribución e consumo que comparten valores para trasladar que é posible facer a nosa vida por completo nun modelo económico cooperativo, por exemplo, mediante ferramentas como o market place www.benmercado.gal.

Dende a organización salientan a boa acollida do proxecto “en menos dunha semana cubrimos ás prazas disponibles, limitadas debido ao protocolo que debemos manter debido a situación sanitaria”- comenta Guillermo Crego membro da entidade coordinadora Reencanto Producións.

A satisfacción coas ponencias refléxase en comentarios como o de Borja, asistente ás xornadas, “nestes días formámonos dende unha perspectiva académica moi seria con ponentes do mundo universitario e de coñecemos a experiencia práctica de entidades que transforman a sociedade coa súa actividade económica”

Viviana que acudiu ás xornadas cun proxecto que lle gustaría emprender no marco da Economía Social e Solidaria salienta que “a Escola das Economías Transformadoras foi unha excelente oportunidade para orientarse nun modelo de entidades viables que favorecen e priorizan o ben colectivo”

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.