spot_img
InicioVal MiñorNigránA empresa con sede en Nigrán Marine Instruments, Premio Nacional de Innovación...

A empresa con sede en Nigrán Marine Instruments, Premio Nacional de Innovación na modalidade ‘Pequena e Mediana Empresa

Marine Instruments, Premio Nacional de Innovación A ministra de Ciencia e Innovación anunciou ás persoas e entidades galardoadas cos Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2022, que concede o seu Ministerio e que constitúen o recoñecemento máis importante de España nestes ámbitos.

Revista COUSAS DE nº14

O carácter é estritamente honorífico, salvo o Premio Nacional de Innovación na modalidade ‘Pequena e Mediana Empresa’, que dispón dunha dotación económica de 50 000 euros. Nesta categoría, a compañía premiada foi o galega Marine Instruments.

O Ministerio resalta que a empresa foi galardoada “por constituír un claro exemplo de empresa innovadora que, a través do desenvolvemento de tecnoloxías baseadas no coñecemento, pode transformar profundamente sectores tradicionais como o sector pesqueiro”. Así mesmo, sinala que Marine Instruments é “líder indiscutible na comercialización de boias para a pesca do atún” e que “exporta os seus produtos, netamente desenvoltos en España, a máis de 30 países, grazas á vantaxe competitiva consolidada pola súa aposta permanente polo investimento en I+D+i desde as súas orixes no ano 2003 e á sistematización dos procesos de xeración de coñecemento e xestión da innovación”.

O xurado dos Premios Nacionais de Innovación 2022 estivo presidido polo director do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), Javier Ponce, e contou con Eduardo Anitua, Cristina Aranda, Xavier Ferrás, Almudena Trigo e Elena Schaeidt, actuando como secretario o subdirector xeral de coordinación da Innovación, Ignacio García Fenoll.

- Publicidade -spot_img