Inicio Pontevedra O Morrazo A edición 2018 do FICBUEU bate o seu propio récord con máis...

A edición 2018 do FICBUEU bate o seu propio récord con máis de 2.200 curtas recibidas

a-edicion-2018-do-ficbueu-bate-o-seu-propio-record-con-mais-de-2-200-curtas-recibidasO Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu bateu este ano a súa propia marca coa recepción de 2.202 filmes, chegados dun cento de países dos cinco continentes.

O pasado 14 de abril pechouse o prazo para presentar obras ao certame, que se desenvolverá na vila pontevedresa do 7 ao 15 de setembro.

Un ano máis, Francia volve copar a cuarta parte das obras enviadas, non só polo dinamismo do cinema galo senón probablemente tamén pola participación dunha delegación do FICBUEU no prestixioso Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand. España é o segundo país máis representado, con 256 filmes, seguido, aínda que con menos da metade, por Alemaña, Brasil, Bélxica, Italia e Rusia. Cómpre salientar tamén algúns envíos de lugares tan remotos coma Swazilandia, Singapur, Illa Mauricio, Moldavia ou Kirguistán.

Cómpre apuntar tamén o lento pero constante incremento de curtas dirixidas por mulleres, que se sitúan no 32%. Por outra parte, no 34% dos casos tratábase de óperas primas das e dos cineastas. En canto aos xéneros, segue a predominar a ficción e os contidos adoitan ser un reflexo da realidade, destacando as temáticas sociais. O equipo de selección do FICBUEU 2018 continuará nas próximas semanas co visionado das curtas remitidas e o 15 de maio daranse a coñecer os títulos que finalmente se proxectarán durante o certame.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies