·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA economía social e solidaria invade de novo Cangas do Morrazo

A economía social e solidaria invade de novo Cangas do Morrazo

A economía social e solidaria invade de novo Cangas do MorrazoOs días 16, 17 e 18 de setembro celebrarase a 2ª ESCOLA DAS ECONOMÍAS TRANSFORMADORAS e a seguinte fin de semana, o 25 e 26, a quinta edición da MOSTRA DO POSIBLE que converte, un ano máis

Tras a gran acollida o ano pasado da ESCOLA DAS ECONOMÍAS TRANSFORMADORAS, tanto o Concello como os organizadores acordaron acometer a súa segunda edición. Terá lugar as tardes do xoves 16, venres 17 e a mañá do sábado 18 no salón de plenos do Concello, destinando a tarde de sábado para unha visita ao Verxel de Coiro unha horta de producción agroecolóxica. En cada sesión intervirá un relator cun perfil académico específico, acompañado dunha experiencia práctica de economía transformadora dende a economía social.

O xoves o doutor en física teórica e investigador do CSIC Antonio Turiel falará sobre o crise enerxética global e dos retos para a transición. A súa ponencia estará complementada coa participación da Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia que presentarán o Mercado Social Galego actuacións musicais serán a cargo da banda de son “A lo Cubano”, o grupo “Dous” e da cantautora viguesa Su Garrido Pombo.

Ademais do luxo que supón gozar con estes grandes artistas, desde a organización consideran importante apoiar ás traballadoras da cultura nestes momentos de transición pola COVID.

Cabe sinalar que estes proxectos organizados polo Concello de Cangas e coordinados pola asociación Reencanto Producións enmárcanse no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies