spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación súmase a II Marcha Contra o Cancro que se desenvolverá...

A Deputación súmase a II Marcha Contra o Cancro que se desenvolverá o próximo domingo en Pontevedra

A Deputación súmase a II Marcha Contra o Cancro que se desenvolverá o próximo domingo en PontevedraA Deputación de Pontevedra colabora coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) na II Marcha Andar e Correr contra o Cancro, que terá lugar na cidade de Pontevedra o vindeiro domingo 7 de outubro.

Os cartos recadados na carreira solidaria irán destinados aos programas de prevención, atención psicolóxica e social para pacientes e familiares, así como ao fomento de proxectos de investigación. A marcha servirá ademais de homenaxe e apoio a todas as persoas enfermas de cancro de mama, cuxo día se celebra tamén neste mes de outubro. A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, participou nunha rolda de prensa para presentar o evento, xunto a representantes da AECC e de CaixaBank.

A deputada provincial Digna Rivas explicou que é moi importante sumarse a iniciativas coma esta  segunda andaina solidaria contra o cancro impulsada pola AECC, “xa que é unha forma de apoiar e recoñecer o impresionante labor desta asociación, onde voluntarios e voluntarias traballan 365 días ao ano para evitar o desamparo de persoas enfermas e familiares”. Rivas explicou que esta marcha tamén vale para facer fincapé na necesidade de incrementar as partidas para investigación contra o cancro, posto que “será a única maneira de alcanzar un maior índice de supervivencia, que agora está nun 53%, e en 2030, deberiamos chegar ao 70%, segundo os datos da AECC”.

A II Marcha Andar e Correr contra o Cancro desenvolverase o próximo domingo, día 7 de outubro, polas rúas da cidade de Pontevedra cunha distancia duns cinco quilómetros. Será un percorrido fácil e cómodo para todas as persoas que queiran participar, que poden ser profesionais, persoas con discapacidade, nenos e nenas ou calquera que queira apoiar a causa solidaria. As inscricións poden facerse a través da plataforma dixital emesports.es ata o venres pola mañá ou de xeito presencial na Casa da Luz o venres pola tarde e o sábado, así como o propio día da carreira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.