spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Deputación leva ata Baiona a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha...

A Deputación leva ata Baiona a mostra itinerante “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, para poñer en valor ás mulleres da emigración

a-deputacion-leva-ata-baiona-a-mostra-itinerante-pontevedra-e-america-unha-mirada-en-feminino-para-poner-en-valor-as-mulleres-da-emigracionA exposición, que foi inaugurada pola deputada provincial Sandra Bastos e arrancou cun faladoiro no Museo da Navegación a cargo de María Cadaval, María Xosé Rodríguez e María Xosé Porteiro, poderá visitarse ata o 8 de xullo na Paseo Ribeira

Revista Cousas de nº21

“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, a mostra itinerante da Deputación e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer en valor a historia de trece mulleres cuxo nexo de unión é a emigración e a relación entre Pontevedra e o outro lado do Atlántico, chegou este martes ao Paseo Ribeira de Baiona. A exposición foi inaugurada pola deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e arrancou cun faladoiro para render homenaxe ás mulleres que forman parte da mostra no Museo da Navegación, no que tamén participaron María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana, Mª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC, e María Xosé Porteiro, adxunta á Valedora do Pobo.

“Cando pensamos na emigración –asegurou a deputada- acostumamos esquecer o papel que desenvolveron as mulleres”. “Elas –engadiu Sandra Bastos- foron fundamentais e desempeñaron un papel decisivo para o desenvolvemento da vida económica, social e tamén persoal de Galicia e América, marcando fitos en diferentes ámbitos como a educación ou a defensa da lingua”.

a-deputacion-leva-ata-baiona-a-mostra-itinerante-pontevedra-e-america-unha-mirada-en-feminino-para-poner-en-valor-as-mulleres-da-emigracion

Bernarda Pereira, Blanca Rodríguez, Margarita Bilbatúa, Sofía Novoa, Concepción Pazo, Chita Lamas, Rosina Villaverde, Antía Cal, Reyna Pastor, Concha Nogueira, Isaura Abelairas, María Xosé Porteiro e Noemí Cendón son as protagonistas da exposición. Mulleres, todas elas, para as que Pontevedra marcou unha parte importante da súa experiencia vital e, ao mesmo tempo, mantiveron vínculos e vivencias en terras americanas. O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración ou circunstancias persoais, entre outros factores é o que as une a todas. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, outras mantiveron unha intensa e prolongada vivencia naqueles países, sendo noutros casos a estadía máis curta, pero non menos intensa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Tras pasar xa por Pontevedra, Vigo, Lalín, Cerdedo-Cotobade, O Porriño e chegar agora a Baiona, onde poderá visitarse ata o 8 de xullo, a mostra “Pontevedra e América. Unha mirada en feminino” continuará neste 2024 o seu percorrido polos concellos da provincia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.