spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Concello de Redondela solicita á Xunta de Galicia a reapertura da...

O Concello de Redondela solicita á Xunta de Galicia a reapertura da exposición de Sargadelos na Casa da Torre

o-concello-de-redondela-solicita-a-xunta-de-galicia-a-reapertura-da-exposicion-de-sargadelos-na-casa-da-torreA alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, dirixiuse á Xunta de Galicia para solicitar a reapertura ao público da mostra de Sargadelos situada nas dependencias do albergue da Casa da Torre.

Revista Cousas de nº21

Nun encontro mantido en Vigo entre a rexedora local e o presidente da Xunta co gallo dunha homenaxe a Adriano Marques de Magallanes, Rivas lembroulle a Alfonso Rueda que esta exposición leva pechada ao público desde o comezo da pandemia, en 2020.

A alcaldesa agradece “a boa disposición mostrada por parte do presidente autonómico nesa conversa” e confía en que os trámites se resolvan “o máis rapidamente posible, para que toda a veciñanza de Redondela e os milleiros de peregrinos de pasan pola vila poidan visitar esta importante mostra, con pezas únicas e de gran valor histórico e artístico”.

A louza de Sargadelos. Historia dunha Real Fábrica en Galicia

Desde o ano 2022 o Concello de Redondela solicitou en reiteradas ocasións a prórroga do convenio de cesión das salas onde se expón esta colección, xa que o inmoble é propiedade da Xunta de Galicia.

A colección de cerámica de Sargadelos, con 150 pezas de todas as etapas desta histórica fábrica de louza, foi cedida en 2017 ao Concello polo que fora senador e cónsul xeral da República de Ecuador en Galicia, Marques de Magallanes.

- Publicidade -spot_img