spot_img
InicioBaixo MiñoErnesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, doa ao concello o seu...

Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, doa ao concello o seu arquivo e biblioteca

ernesto-iglesias-almeida-cronista-oficial-de-tui-doa-ao-concello-o-seu-arquivo-e-bibliotecaErnesto Iglesias Almeida, cronista oficial de Tui, doa o seu arquivo, biblioteca e colección artísticas ao Concello de Tui. O acordo asinouse na presentación da Revista Castellum Tyde

Revista Cousas de nº21

O acordo anunciouse o pasado venres, 14 de xuño, na presentación do novo número da revista “Castellum Tyde”, editada polo Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui, que precisamente está dedicado á figura deste investigador tudense.

No mesmo acto produciuse a sinatura deste acordo de doazón entre Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade de Tui, e o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro González. Neste documento recóllese a vontade do doante de que este legado forme unha colección específica co seu nome e sexan conservadas polo concello tudense garantindo o acceso libre e gratuíto ao público en xeral e especialmente aos estudosos sobre a nosa cidade.

ernesto-iglesias-almeida-cronista-oficial-de-tui-doa-ao-concello-o-seu-arquivo-e-biblioteca

Tamén se recolle neste acordo que o doante, ou a súa irmá, serán usufrutuarios destas coleccións namentres vivan, pasando ao poder do Concello de Tui a partir daquel momento.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, gabou a xenerosidade de Ernesto Iglesias Almeida ao depositar no concello da súa cidade este importante conxunto bibliográfico e documental expresando nunha nova oportunidade a súa entrega a prol de Tui, que ten sido o centro das súas investigacións e estudos. O rexedor tivo tamén palabras agarimosas de lembranza para Juan Lima Pardo, propietario de Gráficas Juvia, recentemente falecido e que colaborou activamente neste acordo de doazón.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Previamente foi presentado o novo número de “Castellum Tyde: revista do Instituto de Estudios Tudenses” que chega a súa novena entrega, na que participaron a vicepresidenta do IET, Marta Cendón Fernández, xunto a Clodio González Pérez, do Museo do Pobo Galego, que fixo unha ampla semblanza da figura de Ernesto Iglesias, a quen vai dedicado este número da revista, así como do contido da mesma que abrangue unha ducia de traballos doutros tantos investigadores sobre Tui e o ámbito territorial das antigas diocese e provincia tudense.

- Publicidade -spot_img