·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación inicia os traballos de recuperación do muíño de auga do...

A Deputación inicia os traballos de recuperación do muíño de auga do Castelo de Soutomaior

A Deputación inicia os traballos de recuperación do muíño de auga do Castelo de SoutomaiorA institución provincial Investirá preto de 10.000 euros en acondicionalo para a súa posta en funcionamento

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos para afianzar o posicionamento do Castelo de Soutomaior como un dos grandes focos de atracción turística da provincia e Galicia. Neste caso, vén de aprobar a posta en marcha dun novo contrato para a reparación do muíño de auga do Castelo, datado na década dos oitenta do século pasado, para acondicionalo e conseguir volver a poñelo en funcionamento.

As obras contemplan a reparación, elaboración ou substitución de pezas, así como os tratamentos necesarios para o acondicionamento do muíño e a súa posta en marcha. Así, vaise reparar o rodicio, repoñendo tres aspas novas e colocando un eixo de forxa.

 

Tamén recuperarase a viga de apoio do rodicio que regula a altura e realizarase unha nova vara de regulación da moa en forxa ou  aceiro inoxidable. Amais repoñeranse pezas necesarias do tarabelo en madeira nova con tratamento antixilófago e de cera de abella natural e, finalmente, realizaranse actuacións para separar o caudal do muíño.

A Deputación inicia os traballos de recuperación do muíño de auga do Castelo de Soutomaior

O muíño, situado ao pe da pista de terra que da servizo á capela e que conduce ata a “cadeira da Marquesa”, estaba destinado ao aproveitamento hidráulico da auga.

Cadeira da Marquesa

Coa reparación que vai acometer estes meses a Deputación de Pontevedra prevese solucionar os problemas orixinados polo paso do tempo para recuperar un elemento máis, propio da arquitectura popular galega, no castelo de Soutomaior.

Capela

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies