spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación destina preto de 230.000 euros á mellora da atención aos...

A Deputación destina preto de 230.000 euros á mellora da atención aos visitantes no Museo de Pontevedra e nos Castelos de Soutomaior e Sobroso

O Castelo de Sobroso estrea a súa innovadora musealización que potenciará ao Condado como un referente turístico da provincia de PontevedraO presidente Luis López avanzou que o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, presentarase no vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación un adianto da nova campaña de promoción turística da provincia para o 2024, que se estreará este mesmo mes en FITUR

Revista Cousas De Nº20

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde a destinar preto de 230.000 euros para prestar unha mellor atención e servizos aos visitantes no Museo de Pontevedra e nos Castelos de Soutomaior e Sobroso. O presidente provincial, Luis López, detallou que preto de 200.000 euros irán dirixidos á xestión do centro de acollida e atención ao público no Castelo de Soutomaior e 30.000 euros ao desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de xestión automatizada das visitas ao Museo de Pontevedra e aos castelos de Soutomaior e Sobroso.

Jimena Fernández de la Vega, a nova camelia que o Castelo de Soutomaior incorpora ao seu xardín ‘Con nome de muller’

No que respecta ao centro de acollida e atención ao público no Castelo de Soutomaior, cuxa xestión acaba de ser adxudicada na Xunta de Goberno, o presidente explicou que o novo servizo contempla o control de acceso, a venda e reserva de entradas, o acompañamento e explicación tanto da musealización como dos xardíns, a atención e información ao público, a elaboración de enquisas e a colaboración na celebración de actividades.

Pola súa banda, o goberno de Luis López tamén adxudicou o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica automatizada das visitas tanto ao Museo de Pontevedra como aos castelos de Soutomaior e Sobroso. “O noso obxectivo –asegurou o presidente- é mellorar o sistema de acceso e venda de entradas dos tres centros a través dun sistema de tickets unificado e interconectado que permitirá adquirir entradas, reservar visitas, pagar mediante sistemas como Bizum e obter información en inglés, francés, italiano e portugués, ademais de galego e español”.

“Seguimos dando pasos –engadiu Luis López-na prestación dun servizo de calidade para as persoas que nos visitan”. Neste eido, o presidente provincial avanzou que o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, no vestíbulo do Pazo Provincial presentarase un adianto da nova campaña de promoción turística da provincia para o 2024. “O estreo-asegurou- será en FITUR, este mesmo mes, entre o 24 e o 28 de xaneiro, ata onde nos desprazaremos para dar a coñecer a ampla e diversa oferta do noso destino”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.