spot_img
InicioCondado ParadantaA Deputación destina 1,5 millóns de euros para realzar e poñer en...

A Deputación destina 1,5 millóns de euros para realzar e poñer en valor o Castelo de Sobroso e a súa contorna

O Castelo de Sobroso estrea a súa innovadora musealización que potenciará ao Condado como un referente turístico da provincia de PontevedraO proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras

Revista Cousas de nº21

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao novo Plan Director de Sobroso, un documento que marca a folla de ruta para investir 1,5 millóns de euros nos próximos tres anos co obxectivo de enriquecer a experiencia dos visitantes, mellorar e ampliar os servizos e consolidar o castelo de Sobroso e a súa contorna natural como un dos grandes atractivos turísticos da provincia.

Como explicou o presidente da Deputación, Luis López, “trátase dun documento amplo que contempla melloras en todos os eidos”. Desta maneira, haberá unha intervención para renaturalizar e reordenar a contorna natural do castelo con especies autóctonas deseñando zonas diferenciadas, accesibles, sinalizadas e cunha iluminación adaptada; destinadas a especies botánicas, a ocio familiar, a actividades e talleres e á fauna propia deste lugar. Ademais, potenciaranse e deseñaranse catro novas rutas de sendeirismo encamiñadas a poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, inmaterial, cultural e histórico de Sobroso. Do mesmo xeito, porase en marcha unha aula de natureza para recibir excursións escolares e de turistas da man de educadores ambientais que divulgarán a riqueza natural deste enclave.

A redacción deste Plan Director é unha das actuacións enmarcadas dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do Condado-Paradanta “Unha terra entre ríos”, financiado con 1,5 millóns de euros a través dos fondos Next Generation, que ten como finalidade promover o crecemento equilibrado e impulsar a renovación do sector turístico da comarca e orientalo na dinámica do turismo sostible, mellorando tamén a calidade de vida na contorna. A idea é situar ás persoas no centro da estratexia, potenciando a xeración de oportunidades e a participación cidadá e dos visitantes no desenvolvemento dun novo modelo turístico.

- Publicidade -spot_img