A súa forma de ver o mundo reflíctese nas súas pinturas de naturezas mortas, paisaxes solitarias, retratos fríos, alternando con algúns intervalos de algarabía e cores máis fortes que rompen en ocasións a sensación de quietude e efecto silente que impera en gran parte da súa obra, pero sen dúbida o máis representativo da súa produción constitúeno as paisaxes que o artista aborda unha e outra vez coa insistencia dun creador que busca atrapar todos os matices formais, cromáticos e sensoriais que a natureza lle ofrece. Paisaxes sobre todo galegas, pero tamén casteláns, urbanos e rurais, de costa ou de interior, nos que a figura humana está ausente.

Na inauguración, que contou coa presenza de numeroso público, estiveron presentes xunto á súa familia e amigos, que nalgún caso tamén participaron con textos no catálogo: Román Pereiro, Antón Beiras Cal, Ana Pereira, o escultor Silverio Rivas, que foi alumno de Torras en Artes e Oficios e o comisario da exposición, Carlos L: Bernárdez. Tamén acudiron representantes da EMAO en recordo do mestre.
En representación do Concello de Vigo, acudío o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez.