spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra rende homenaxe a Rafael Fontoira, fundador da Escola...

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe a Rafael Fontoira, fundador da Escola de Canteiros

deputacion-de-pontevedra-rende-homenaxe-a-rafael-fontoira-fundador-da-escola-de-canteirosA Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada Montse Magallanes, acudiu hoxe á Escola de Cantería para render homenaxe a Rafael Fontoira Surís, fundador do centro. Carmela Silva destacou que “toda a provincia e Galicia debe render un recoñecemento a Rafael Fontoira, pai da Escola de Cantería e un home comprometido coa mesma, ata o extremo de aportar o seu patrimonio para que puidera seguir funcionando”.

“Somos a comunidade con maior riqueza artística en pedra polo que debemos seguir traballando para que non se perda a nosa historia, a nosa identidade, o noso patrimonio, pero tamén para que sigamos construíndo patrimonio en pedra e que así as vindeiras xeracións sigan afirmando que somos o territorio con maior arte en pedra” destacou Silva quen anunciou que quere que Rafael Fontoira asesore á Deputación de Pontevedra en canto á Escola de Cantería, polo coñecemento que ten da mesma, e en materia de patrimonio.

Fontoira destacou que “gardo unha inmensa alegría por esta escola, por este edificio que tantos anos me custou facer, polo esforzo que supuxo que se puxeran de acordo a Deputación coas Consellerías para que pagaran este edificio, por ver que o plan de estudos que fixen segue funcionando, pero sobre todo por ver que segue habendo alumnado na escola”.

Alén disto, Fontoira aproveitou a homenaxe para pedirlle á Presidenta da Deputación que “siga apoiando á Escola de Cantería, porque facelo é apoiar ó espírito das galegas e galegos e ó máis  devanceiro dos oficios da provincia de Pontevedra”.

Finalmente, a Presidenta da Deputación felicitou ós gañadores dos premios de modelado 2015,  Cristian Jabois Pérez e Sergio Paz Sotelo pola obra “El Pacto”, na categoría B, e Raúl Martínez López pola obra “Niña con caballito”, na categoría A.

- Publicidade -spot_img