spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra proponche un xogo para que te divirtas e...

A Deputación de Pontevedra proponche un xogo para que te divirtas e demostres os teus coñecementos sobre as Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra proponche un xogo para que te divirtas e demostres os teus coñecementos sobre as Rías Baixas
Foto de Turismo Rías Baixas – Faro de cabo Home na península do Morrazo

A través das redes sociais, xurdiu desde a área de Turismo da Deputación de Pontevedra a iniciativa #21Days21Destinations, un xogo de preguntas para demostrar os coñecementos sobre as Rías Baixas, divulgando así as marabillas da provincia de Pontevedra e que está a ter unha enorme participación 

Son tempos para quedar na casa e desde Turismo Rías Baixas propoñenche un xogo para que te divirtas, demostres os teus coñecementos, te convertas nunha experta ou experto e te prepares para vivilas en persoa moi pronto.

Canto sabes das Rías Baixas?: turismoriasbaixas.com

No eido do turismo, son numerosas as iniciativas virtuais que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha en materia de novas tecnoloxías.

Tamén a través das redes sociais se impulsou a iniciativa “Aves desde a casa”, buscando a sensibilización medioambiental nestes días de confinamento. Trátase dunha iniciativa en colaboración con Seo BirdLife que propónenche aprender máis sobre a natureza e, en concreto, sobre o mundo das aves. Só tes que abrir a túa xanela, observar e escoitar atentamente.

Aves desde casa: turismoriasbaixas.com

Desde Turismo Rías Baixas e SEO BirdLife anímanche a rexistrar todas as especies que observes nun pequeno caderno de campo ou mediante aplicacións electrónicas creadas para este fin, coma a plataforma de ciencia cidadá eBird ou as redes sociais, onde cada día se verte información relacionada. Podes compartir as túas citas con #AvesDesdeCasa.

- Publicidade -spot_img