spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto de recuperación dos...

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto de recuperación dos xacementos arqueolóxicos da provincia

Deputación-Pontevedra-pon-marcha-proxecto-recuperación-xacementos-arqueolóxicos-provincia

Os traballos de recuperación e limpeza de 18 xacementos arqueolóxicos de toda a provincia comezarán de inmediato tras a recepción dos traballadores que foi feita polo deputado provincial Santos Héctor.

O proxecto pretende dar un maior alcance á cultura galaico-romana de toda a provincia dende o punto de vista científico e  tamén turístico.

Deputación-Pontevedra-pon-marcha-proxecto-recuperación-xacementos-arqueolóxicos-provincia

As actuacións vanse realizar e 18 localizacións que comezan por Santa Tegra (A Guarda); Castro de Troña (Ponteareas); Monte de O Facho (Cangas); A Lanzada (Sanxenxo); Adro Vello (O Grove); Monte de O Castro (Ribadumia); Porta de Arcos  (Rodeiro); Castrolandín (Cuntis); A Cabeciña (Oia); A Subidá (Marín); Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa); Alto dos Cubos (Tui); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Coto de Altamira (As Neves); Igrexa Vella (Valga); Castro de Penalba (Campo Lameiro); Castro de Pena Redonda (Ponte Caldelas); e Castro de Toiriz (Silleda).

O traballo básico que realizarase nestes asentamentos será a limpeza dos mesmos, o mantemento e conservación das estruturas xa existentes, a accesibilidade e sinalización, a escavación, e a musealización e restauración.

Tamén se pretende facer unha cartografía dixital de todos os asentamentos cunha reprodución en 3D que permita unha mellor comprensión de todos os xacementos

Por último o proxecto contempla a promoción turística destes xacementos como unha oferta cultural complementaria as xa existentes na provincia de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.