spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra iluminará a súa fachada de cor verde para...

A Deputación de Pontevedra iluminará a súa fachada de cor verde para visualizar a doencia da artrite

deputacion-de-pontevedra-iluminara-a-sua-fachada-de-cor-verde-para-visualizar-a-doencia-da-artrite

A escalinata do Pazo Provincial foi o escenario para reivindicar a visibilización da artrite, unha doenza da que cada ano detéctanse na provincia preto de mil novos casos.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen participou na concentración, sinalou que a fachada da Deputación de Pontevedra iluminarase en verde ao igual que outros edificios emblemáticos a nivel nacional para dar visibilidad a esta enfirmidade.

Carmela Silva quixo así sumarse a este día nacional como xeito de visibilizar esta doenza que a nivel do país está a afectar a preto dun un por cento da poboación, con preferencia nas comunidades do Norte e, sobre todo, as mulleres, as que alcanza ate o setenta por cento das doentes. En Galicia son preto de 30.000 persoas das cales sete mil están na provincia de Pontevedra.

A Presidenta recibiu a presidenta da Asociación do Enfermo de Artrite de Pontevedra (Asearpo), Mabel Avendaño e ao seu vicepresidente, Juan José Otero, entre outros membros da súa xunta directiva, para mostrarlles o seu apoio.

A investigación é a atención ás persoas doentes son os outros aspectos que Carmela Silva destacou como os máis importantes para o tratamento desta enfermidade e reclamou a implicación de todas as administracións para garantir ambos aspectos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.