Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra estrea páxina web

A Deputación de Pontevedra estrea páxina web

a-deputacion-de-pontevedra-estrea-paxina-web

Na súa presentación a Presidenta destaca a transparencia, modernidade e claridade do novo portal institucional da entidade provincial

A  Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe en rolda de prensa a nova páxina web da institución provincial, da que destacou a súa transparencia, modernidade e claridade. Silva que estivo acompañada polo vicepresidente, César Mosquera, quixo destacar que  todo o traballo da nova web foi feito polos propios servizos de comunicación e de novas tecnoloxías da institución provincial.

O novo portal web, que poderá verse a partir do próximo día quince, substituirá o actual do cal Carmela Silva subliñou que a diferencia era moi notable.  A Presidenta incluso salientou que a web antiga parecía que quería ocultar algunhas cousas pola súa navegación complicada que facía que o cidadán “non voltara a entrar”.

Da nova web, Silva subliñou que é moi visual e toda a información vai estar a disposición de todos aqueles que queiran visitala e moito máis transparente porque vai contar con toda a información institucional para que todos podan coñecer o traballo da Deputación de Pontevedra. “Vai ser unha páxina moito máis participativa –continuou Silva- para que podamos acercar a representación política aos cidadáns  con enquisas semanais cos usuarios mellorado así a nosa comunicación cos pontevedreses e pontevedresas”.

Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera subliñou que a nova páxina web é “un grandísimo avance” para mellorar a comunicación da Deputación coas pontevedresas e pontevedreses. Destacou que na provincia hai máis dun millón de habitantes, ademais de xente de fóra interesada en Pontevedra, polo que salientou que o obxectivo é chegar a todos eles e aumentar as cifras de visitas actuais  e  que cada vez máis xente se informe sobre a actividade provincial a través da web.

O nacionalista destacou ademais que a nova páxina puido terse presentado con anterioridade, mais destacou que non era “unha urxencia” e que se foi traballando “sen presa pero sen pausa para dala a coñecer no momento oportuno”, xa que antes houbo outras prioridades de actuación para o goberno. Neste sentido indicou que se foron ordenando os contidos para aumentar a súa visibilidade e comodidade para os usuarios: “En moitas ocasións hai unha disputa política para que aparezan moitas cousas. Neste caso houbo un esforzo moi elevado en reducir os campos para facilitar a lexibilidade e o uso. Agardo que sexa un éxito”.

A Presidenta tamén destacou a maior presenza dos concellos da provincia “que terán un apartado para as súas noticias o aquelo que queiran mostrar na nosa páxina”.

Outra das novidades tecnolóxicas que presenta a nova web é a súa adaptación a os distintos formatos de navegación, non so dende os ordenadores senón tamén dende aqueles outros útiles como tabletas ou teléfonos móbiles.

Carmela Silva subliñou a clara aposta que está a facer a Deputación de Pontevedra polas novas tecnoloxías.  “Así, estamos activamente en Twitter, Facebook, Youtube, Instagram, Periscope e Linkedin”.  En Twitter, de feito subliñou a Presidenta, xa somos a Deputación galega con maior número de seguidores, 7.276, e acadamos case 400.000 impresións mensuais nesta rede social.

A páxina de Facebook, con  máis seguidores ca Twitter, séguena 8.339 persoas, e ten un alcance dunhas 125.000 impresións mensuais, e os vídeos de Youtube foron reproducidos máis de 76.000 veces.

“Dende a nosa nova canle de Periscope queremos contar o que acontece nesta institución en directo, o que está pasando e dende calquera lugar da provincia, en formato vídeo, para que os usuarios poidan velo dende os teléfonos móbiles ou ordenadores”, concluíu Silva.

Por último, a Presidenta subliñou que esta nova páxina web é un novo canle de comunicación coa sociedade porque “esta Deputación quere ser a máis transparente, tecnolóxica e participativa coa cidadanía para que teñan a súa disposición toda a información a que teñen dereito”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies