Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI organizan Xornadas de Innovación...

A Deputación de Pontevedra e a Fundación EOI organizan Xornadas de Innovación Empresarial en Cambados, Vigo, Ponteareas, Porriño, Lalín e Pontevedra

Difundir entre o tecido empresarial da provincia os beneficios da innovación na xestión empresarial, financieira e asociativa para mellorar a competitividade das pemes. Ese é o obxectivo  do programa de actividades que ao abeiro do proxecto PROPONTE se van desenvolver ao longo deste mes de xuño nos centros CPAE 2.0 da provincia.

Durante o mes de xuño celebraranse 6 xornadas formativas nos centros Provinciais de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0)

Sesións en Aberto

Seis sesión formativas nas que expertos asesores de INDRA e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) darán contas da importancia da creatividade e a innovación para mellorar a competitividade dentro do tecido empresarial. Así como da necesidade de implementar plans estratéxicos para mellorar as vendas. Estas xornadas desenvolveranse nos Centros Provinciais  de Asesoramento Empresarial, CPAE 2.0 da provincia co fin de permitirlle unha maior dipoñibilidade ás empresas participantes.

DÍA CPAE2.0 HORARIO
9 de xuñoCambados“Creativididade e Innovación”17.30-20.00
10 de xuñoVigo“Implantación dunha técnica de venda”17.30-20.00
11 de xuñoPonteareas“Creativididade e Innovación”17.30-20.00
15 de xuñoPorriñoCreativididade e Innovación”17.30-20.00
16 de xuñoLalínCreativididade e Innovación”17.30-20.00
17 de xuñoVigoCreativididade e Innovación”17.30-20.00

 Josef Ajram na sesión de peche do proxecto

O 24 de xuño, a Deputación de Pontevedra, na súa sede de Rías Baixas acollerá a xornada que porá fin ao proxecto. Unha sesión na que se dará conta dos resultados do proxecto PROPONTE e dos beneficios que da innovación empresarial tamén se desprenden no conxunto da sociedade.

Josej Ajram, prestixioso bróker internacional, desgranará os segredos de todo bo inversor nunha ponencia que pechará o programa o 24 de xuño na Deputación de Pontevedra (sede Turismo Rías Baixas)

A xornada contará ademais coa participación dun prestixioso bróker internacional, Josef Ajram. Coach e triatleta barcelonés que vai desgranar os segredos de todo bo inversor tendo en conta a súa propia experiencia en dous mundos que nada teñen que ver o deporte e a economía pero que se renden a unha fórmula maxistral baseada na constancia, a disciplina, o cálculo de posibilidades e capacidades e unha gran dose de sentido común.

86 empresas da provincia sumáronse ao programa PROPONTE, acelerador da innovación empresarial como chave para mellorar a competitividade das pemes (36 empresas de Vigo, 15 do Salnés, 13 de Pontevedra, 12 de O Morrazo, 4 de Condado-Paradanta, 3 de Deza-Tabeirós, 2 de Caldas e 1 de Baixo Miño)

Josef Ajram repasará temas como a loita polos obxectivos, afrontar as dificultades que imposibilitan chegar á meta perseguida, o esforzo, a vontade e a constancia como chaves do éxito.

 Programa PROPONTE

Dar un pulo innovador ás pemes da provincia e mellorar a súa competitividade  dentro do tecido empresarial. Ese foi o motor da posta en marcha do programa PROPONTE por parte da Deputación de Pontevedra e a Fundación Escola de Organización industrial (EOI) e ao que sumaron 86 empresas da provincia. O asesoramento profesional e gratuito proporcionado permitiu que estas pemes se consolidasen como empresas innovadoras evitanto o risco de fracasar no seu primeiro ano de vida.

ComarcaNº de empresas Concellos
Deza-Tabeirós3Lalín,  Rodeiro e Forcarei
Caldas2Caldas de Reis e Moraña
Salnés15Cambados, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa
Pontevedra13Barro, Pontevedra
O Morrazo12Bueu e Marín
Vigo36Soutomaior, Baiona, Redondela, Gondomar, Mos, Nigrán e Vigo
Condado- Paradanta4Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño
Baixo Miño1Tui
TOTAL86 

Un 52,2% destas empresas teñen menos de 2 anos de creación, o 18,8% teñen entre 2 e 5 anos de vida, e o 29% restante levan máis de 5 anos funcionando.

A adhesión a este programa permitiulle ás empresa adheridas dispoñer dun diagnóstico individual previo co que detectar as capacidades da compañía para deseñar e implantar os programas de innovación axeitados á súa actividade. Así como identificar as oportunidades de negocio para mellorar a súa xestión e desenvolver productos de maior viabilidade.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies