spot_img
InicioVal MiñorNigránA Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención por valor de...

A Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención por valor de 133.000 euros para a habilitación das antigas escolas de Cotros en biblioteca municipal

Nigrán-proxecta-habilitar-antigas-escolas-Cotros-biblioteca-municipalA Deputación de Pontevedra aprobou na xunta de goberno celebrada hoxe a concesión dunha subvención valorada en 133.000 euros para a habilitación dunha biblioteca municipal nas antigas escolas de Cotros.

A vella escola atópase nunha parcela situada na Rúa Sarmiento, e conta con varias edificacións auxiliares. Nun dos inmobles realízanse cursos de formación e obradoiros de emprego, pero as demais vivendas están nun estado de abandono.

Esta actuación, financiada a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación de Pontevedra, mellorará as instalacións actuais da biblioteca e aumentará o número de prazas deste servizo municipal

Esta actuación, enmarcada dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Deputación de Pontevedra, consistirá na rehabilitación e reconversión desta infraestrutura en biblioteca municipal, mellorando as instalacións actuais deste servizo e aumentando o número de prazas a disposición dos veciños e veciñas de Nigrán.

A execución deste proxecto dá resposta á demanda dos usuarios desta infraestrutura, e permitirá ofrecer aos veciños de Nigrán un servizo en condicións, cunha biblioteca cómoda, ampla e accesible, ben comunicada a través do servizo de transporte público, e que incrementará o espazo de lectura e estudo a disposición dos nosos veciños.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.