spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Deputación de Pontevedra destina 40.000 euros ao financiamento da Festa da...

A Deputación de Pontevedra destina 40.000 euros ao financiamento da Festa da Arribada de Baiona

O Goberno da institución provincial vén de aprobar esta e outras axudas no marco da liña 2 do Plan Concellos, cun investimento de máis de 78.000 € para a vila

O investimento máis destacado entre os recibidos por Baiona ten por obxecto o financiamento dunha cita ineludible na vida cultural e turística da vila: a Festa da Arribada 2019, un total de 40.000 € cos que a Deputación “volve amosar a importancia desta institución para que os concellos poidan levar a cabo actividades que as sitúan no mapa”, asegurou a Presidenta provincial, Carmela Silva, “como é o caso da Arribada que é ademais unha das Festas de Interese Turístico Internacional máis potentes da provincia de Pontevedra”.

Carmela Silva puxo en valor que “a importancia da Festa da Arribada, que acadou este recoñecemento a finais de 2015, radica non só nos seus retornos económicos senón na súa capacidade para tender pontes entre distintas culturas. Estas pontes impulsan que entre todas e todos creemos un mundo no que convivan a integración, o respecto ás diferenzas e a multiculturalidade”. Ademais, a Presidenta provincial lembrou que as Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional, como é o caso da Arribada, “foron e seguen a ser obxecto de numerosas campañas de promoción desta Deputación nos últimos preto de 4 anos, chegando a ser un dos eixos que sustentaron a campaña de 2018 ‘Somos Historias’ a través do patrimonio inmaterial, e onde a Arribada tivo unha visibilidade indiscutible”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.