spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra colabora coa Asociación Galega de Linfedema editando unha...

A Deputación de Pontevedra colabora coa Asociación Galega de Linfedema editando unha guía sobre a enfermidade

a-deputacion-de-pontevedra-colabora-coa-asociacion-galega-de-linfedema-editando-unha-guia-sobre-a-enfermidade

A Institución Provincial editou unha guía sobre a enfermidade do Linfedema en colaboración coa Asociación Galega de Linfedema (AGL).

A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, fixo entrega hoxe destas guías para que a asociación poda facer a súa entrega o próximo domingo, día seis de marzo, que se quere instaurar como  o “Día Mundial do Linfedema”.

A deputada de Cohesión Social subliñou a “importancia de colaborar con entidades como a Asociación Galega de Linfedema para  dar a coñecer enfermidades como está que ademais afecta dun xeito moi importante algunhas das mulleres tratadas de cáncer de mama”.  “Dende a Deputación –destacou Rivas- queremos aportar o noso pequeno grao de area para que as persoas que padecen esta enfermidade podan ter toda a información sobre ela e os seus tratamentos que é o que se reflicte nesta guía”.

Precisamente a publicación editada pola Deputación recolle a explicación da enfermidade, as complicacións, os seus tratamentos así como as medidas preventivas. Tamén inclúe os efectos que sofren os doentes da enfermidade  e as estratexias para afrontalas  con exercicios ou dietas que melloran a situación persoal.

O Linfedema é unha enfermidade provocada pola acumulación de proteínas (augas, sales, etc.) nas extremidades do corpo  provocando o aumento do seu tamaño. No caso das mulleres tratadas de cáncer de mama coa cirurxía na axila para extirpar os ganglios ou nódulos linfáticos, existe un risco  de desenvolver  a enfermidade ate un dez por cento.  Porcentaxe que aumenta ate o vinte cinco por cento si aplícase radioterapia na axila.

De aí a importancia de dar visibilidade e información a estes doentes, dos cales na comunidade autónoma galega estímase que poden existir preto de cen mil persoas.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.