spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación de Pontevedra acolle unha exposición sobre o gaiteiro Ricardo Portela...

A Deputación de Pontevedra acolle unha exposición sobre o gaiteiro Ricardo Portela comisariada por Óscar Ibáñez

O Concello de Pontevedra homenaxea a Ricardo Portela no centenario do seu nacementoA mostra “Ricardo Portela, inmorrente”, dedicada a esta figura clave na música tradicional, inaugúrase ás 19:00 horas no hall do Pazo provincial e poderá visitarse ata o 21 de novembro

A Deputación de Pontevedra abre ao público este mércores 5 de novembro ás 19:00 horas a exposición “Ricardo Portela, inmorrente”, comisariada polo célebre gaiteiro Óscar Ibáñez. A mostra é unha homenaxe a este referente na música tradicional, imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións, e estará dispoñible ata o 21 de novembro no hall do Pazo provincial en horario ininterrompido de 9:00 a 20:00 horas.

Composta por oito paneis e varias vitrinas con material discográfico e persoal, así como instrumentos e vestiario de Portela, a exposición amosa a súa traxectoria vital ligada a Viascón, Vigo e Pontevedra. Ademais, a mostra tamén abrangue o seu desenvolvemento artístico e os seus traballos discográficos, así como a relación que mantivo con asociacións e entidades. Con ela, a Deputación busca difundir a súa vida e obra, destacando os seus fitos fundamentais a modo de lembranza e exemplo para a xuventude da provincia.

Ricardo Portela é unha figura clave da gaita, á cal el mesmo cualificou como un instrumento inmorrente. Símbolo do gaiteiro tradicional, Portela foi un grande intérprete que creou escola con moitos dos recursos do seu persoal estilo, que permanecen vivos no xeito de tocar dalgúns dos gaiteiros máis recoñecidos na actualidade. Mestre de mestres, representa tamén a gran responsabilidade cultural de ser gaiteiro, máis aló da súa extraordinaria sensibilidade musical e o seu persoal estilo interpretativo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.