spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación celebrou o Día da Lingua de Signos entregando os premios...

A Deputación celebrou o Día da Lingua de Signos entregando os premios do concurso “Xoga coas Manciñas” dos anos 2021 e 2020

A Deputación celebrou o Día da Lingua de Signos entregando os premios do concurso “Xoga coas Manciñas dos anos 2021 e 2020A Deputación de Pontevedra celebrou o Día da Lingua de Signos entregando os premios do concurso “Xoga coas Manciñas” correspondentes aos anos 2021 e 2020.

O acto celebrouse  na escalinata exterior do Pazo Provincial. A presidenta da Deputación destacou a necesidade de que “a lingua de signos teña presenza no currículo educativo para que todas as persoas poidan sentirse representadas”, recollendo unha proposta da presidenta de XOGA, María Jesús Monterde. Do mesmo xeito, Carmela Silva amosou o seu apoio á iniciativa da deputada María Ortega, na que se traballará para a recompilación da lingua galega en lingua de signos, incluíndo así a todas as persoas na sociedade galega.

No evento fíxose entrega dos premios do ano 2020 a Alejandro Veites (3º de primaria do CEIP Santo Tomás, O Porriño) polo retrato do escultor José María Acuña.

As mencións especiais foron para o poema “Rosalía pequeniña”, do alumnado de 1º de primaria do CPR Santo Tomás (O Porriño), a canción Vén conmigo”, do alumnado do CEIP Plurilingüe de Belesar (Baiona) e a canción “Por ellas” do CEIP  Plurilingüe Cardeal Quiroga  Palacios (Santiago de Compostela).

Os premios de 2021 foron para “Non fai falta a voz”, do alumnado de 3 anos do CEIP O Hío (Cangas); o segundo para o conto “O leite de Adela”, do alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto “A que sabe a lúa”, da aula de 3º B da escola infantil Los Pitufos (Vigo).

Por último, na categoría Educación Primaria, o primeiro premio outorgóuselle á canción “A reciclar”, do alumnado de 4º de Primaria do CEIP O Hío; o segundo para a canción “Dime que fixeches e onde estiveches”, do alumnado de 1º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto “Moncho e a mancha”, do alumnado de 6ª de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.