spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoA cultura toma as rúas no Porriño: Os artistas do Porriño ARTE...

A cultura toma as rúas no Porriño: Os artistas do Porriño ARTE pintan ao aire libre aos pes do Concello

No Porriño a cultura sae á rúa. Co fin de potenciar o tecido cultural do municipio a praza Arquitecto Antonio Palacios servirá de escenario para mostrar e poñer en valor as actividades que desenvolven os diferentes colectivos.

“Queremos que o traballo das nosas asociacións culturais e veciñais teña un maior protagonismo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A praza é un lugar céntrico polo que cada día pasa moita xente e que poidan admirar os traballos que fan conseguirá atraer a máis persoas. A cultura non é excluínte e no Porriño non debe selo tampouco, a nosa intención é que a totalidade da actividade que se desenvolve nos diferentes centros culturais se coñeza e sexa accesible”.

Dende o Concello convidarán aos colectivos culturais e veciñais a realizar mostras das súas actividades nas prazas e nas rúas do centro para visibilizar o traballo das asociacións do municipio

Para iso, dende o Concello convidarán aos colectivos veciñais e culturais a realizar a súa actividade ao aire libre no centro urbano. Os primeiros deles foron os artistas da asociación O Porriño ARTE, que armados cos seus lenzos e pinceis protagonizaron unha xornada de pintura ao aire libre a pasada semana.

A asociación xa leva 17 anos en activo e dende entón son moitos os porriñeses e porriñesas que comezan a aí súa andadura no mundo da pintura. Neste momento son arredor de 20 as persoas que aprenden debuxo, pintura e escultura da man da pintora local, Nuria Vilanova.

A primeira delas foi O Porriño ARTE que, armados cos seus pinceis e lenzos, disfrutaron dunha xornada de pintura ao aire libre na Praza Arquitecto Antonio Palacios

Durante todo o curso dan as  súas clases no centro cívico e, unha vez ao ano, expoñen os seus traballos para que todos poidamos gozar deles.

Pintar na praza do Concello foi unha experiencia nova para eles que resultou “maravillosa”. “Estivemos encantados, foi unha bonita experiencia para todos”, explicou Nuria Vilanova, “Puideron pintar con luz natural que é moi diferente á do estudio e non se sentiron intimidados pola xente en absoluto, ao contrario, achegouse moita xente para interesarse polo seu traballo e resultou moi gratificante”.

Cabe destacar, que serán máis as actividades que se disfrutarán na praza. “Todas as que se desenvolven nos centros culturais  e asociacións teñen cabida”, concluíu o edil de Cultura e Asociacións, Bienvenido Estévez, “Temos unha actividade cultural moi rica e queremos que crear esa sinerxia non só coa cidadanía, senón tamén entre as diferentes asociacións para poñer en valor todo o que somos e facemos no Porriño”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.