spot_img
InicioPontevedra e ÁreaMoraña organiza as dúas novas saídas para rematar o Camiño de Santiago

Moraña organiza as dúas novas saídas para rematar o Camiño de Santiago

Moraña organiza as dúas novas saídas para rematar o Camiño de SantiagoFaino, de novo, da man do Club de Atletismo de Moraña, que agora fará as etapas previamente para ver a súa dificultade. O obxectivo é facer unha en marzo e outra en abril

O Concello xa está en plena organización, man a man co Clube de Atletismo de Moraña, das dúas seguintes saídas para completar o Camiño de Santiago, despois de que no mes de novembro se organizase a primeira das saídas, de Barro a Valga.

Segundo informa o Goberno local, o obxectivo é poder facer a seguinte etapa no mes de marzo e a última, en abril. A segunda delas partirá do punto último que se deixou a primeira etapa, en Valga. Haberá autobuses habilitados para chegar ata Valga e despois para volver a Moraña.

Igual ca na anterior, haberá que inscribirse previamente, mais o Goberno local aínda non adianta a data exacta das saídas “porque queremos esperar a poder confirmalas aproximadamente 15 días antes, co obxectivo de garantir unha boa previsión meterolóxica”.

90 pelegríns da Vía Mariana

O Camiño de Santiago e Moraña teñen un forte lazo común grazas á Vía Mariana, pola que onte chegaron ao noso municipio 90 pelegríns. O alcalde, Jose Cela, e a concelleira Norma Caldas, acompañaron ao grupo de camiñantesn polos puntos de interese turístico da vila.

Esta fin de semana, Moraña tamén foi o destino elixido por 90 pelegríns que están a facer a Vía Mariana do Camiño compostelán

Este itinerario, de 382 quilómetros entre Braga e Muxía, transcurre polas antigas rutas entre os Santuarios Marianos. No caso do noso Concello, teñen como puntos de referencia da visita a Igrexa de San Martiño de Gargantáns, a Igrexa de Santa Xusta e a Igrexa de San Mamede de Amil.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.