spot_img
InicioVigo e áreaVigo2021 convértese nun dos mellores anos da historia do Porto de Vigo

2021 convértese nun dos mellores anos da historia do Porto de Vigo

2021 convértese nun dos mellores anos da historia do Porto de Vigo
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria repasou os datos de tráfico rexistrados durante o pasado exercicio

Vigo é un dos poucos portos europeos con crecemento nos dous anos da pandemia, cunha subida do +10,57% no tráfico total e do +11,49% no caso das mercadorías

O Porto de Vigo acaba de pechar “un ano extraordinario a pesar da pandemia”, tal e como asegurou o presidente da institución, Jesús Vázquez Almuiña, na rolda de prensa posterior ao Consello de Administración da entidade, converténdose en “un dos tres mellores anos da historia do Porto”.

Segundo asegurou, Vigo é un dos poucos portos europeos con crecemento nos dous anos da pandemia, cunha subida do +10,57% no tráfico total e do +11,49% no caso das mercadorías, se sumamos as cifras rexistradas en 2020 e 2021.

Do mesmo xeito, se nos cinguimos á comparativa 2021-2020, o tráfico total creceu un +6,92%, destacando as mercadorías, cun +7,02%; os avituallamientos (+5,89%) e a pesca fresca, que a pesar de rexistrar unha lixeira baixada do -0,59%, o seu valor de venda creceu un +11,62%, o que demostra o alto valor das mercadorías que se moven no Porto de Vigo. O rape e o galo séguense mantendo como as dúas especies máis destacadas.

- Publicidade -spot_img